A próxima edición do festexo celebrarase entre o 6 e o 7 de xullo en Sober
25 jun 2019 . Actualizado a las 11:30 h.Entre o 6 e 0 7 de xullo celebrarase a novena edición da Festa dos Muíños de Xabrega, no municipio de Sober. As actividades programadas comezarán o sábado cun xantar campestre. Ás 17.00 horas haberá unha sesión de contacontos para nenos. Pola noite haberá un concerto do grupo Derroche, a partir das 22.00 horas, e outro de Los Camochuelos, ás doce. A partir da unha unha e media de madrugada haberá animación a cargo de DJ Anllo. O domingo haberá outro xantar campestre, precedido dun aperitivo co grupo Marie. Ás cinco e media comezará unha actuación da Charanga XL e a festa pecharase ás oito. O escenario do festexo é o conxunto de muíños restaurados do río Xabrega, de singular valor histórico e etnográfico.