TRIBUNA | O |
03 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.AMARGA FOI a entrada para quen agardaba dende as sete ás portas do auditorio recentemente pintado. De nada valeron os intentos de Darío por evitar que os que estaban máis atrás se colaran canda os primeiros. Trataba el de parar o envite dalgúns apurados, cando xa por un dos laterais a xente corría o San Fermín. As butacas boas son escasas e claro, como non están numeradas¿ Total, que a serpe de mazapán de Reis formada no hall desfíxose, para asombro dos que inda pensaban que esta vez non ía pasar. Pois si, acontece dende hai tempo. Así que de nada valeu facer cola nin as chamadas de atención dos que xa entraban polo patio de butacas e inda tiraban contra dos ansiosos. Decididamente sería mellor non poñerse en fila, para qué. O barullo propio dun parvulario quedou en nada comezado o espectáculo inspirado en G. Lorca. Os bailaores con Rafael Amargo engaiolaron ó público, entregadísimo, cando o flamenco foi máis puro. Houbo os ¡olé! típicos e brotaron aplausos cando nunha das coreografías sorprendía de fondo unha canción en galego. A fusión veume a recordar que algúns estudiosos din que o cante jondo mailo galego están enraizado.