Reivindican a riqueza da matogueira galega máis aló de simple combustible

Xavier Lombardero REDACCIÓN

LUGO

Destrúese a súa biodiversidade e déixanse especies foráneas; tendo un proveito silvopastoral O director????do????Ibader, Pablo Ramil, criticou o recente desbroce do sistema dunar entre Foz e Ribadeo

18 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? matogueira galega, que se queima, reforesta e desbroza sistemáticamente, foi reivindicada estes días no curso de verán sobre xestión de áreas incendiadas que organiza o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) na Escola Politécnica de Lugo. O máis vehemente se cabe nesta defensa, polo papel do mato na conservación ambiental e de moitos endemismos galegos, foi o mesmo director do Ibader, Pablo Ramil. Recordou que matogueiras e brezais mantiveron a dominancia no monte galego en calquer período, e aínda hoxe, lamentando que a miúdo sexan consideradas simple combustible. Deste xeito, o doutor do departamento de Botánica da Universidade de Santiago, calificou de «auténtica barbaridade» a actual normativa de Medio Rural ao respecto, por considerar igual tódalas especies de mato, cando presentan distintos problemas de combustibilidade, protección e, polo tanto, solucións. Ramil veu a dicir que Galicia ten ambientes semellantes aos de Bretaña e parte de Escocia, pero aquí o número de incendios é totalmente distinto. Entre as desfeitas están a desastrosa planificación territorial, a reforestación con especies pirófilas, a apertura de pistas que destrozan territorio e augas superficiais, destrucción de dunas, salinización do medio con pozos de barrena preto do mar, tendencia a crear xardíns a base de protexer especies invasoras e desbrozar as autóctonas, plantar piñeiros e terras húmidas que logo acaban por arder, sementeiras para consolidar solos queimados con sementes de mala calidade, misturadas con outras alóctonas ou en época xa fría permisividade ao tránsito en lagoas ardidas, etc. Malos exemplos atopou varios recentes. Corrubedo invadido por pinos, eucaliptos e casas, turbeiras que arden logo de abrir pistas, protección de plantas foráneas nas autopistas ou nos desbroces que se fan na ribeira do Miño en Lugo, eucaliptización da ría de Ortigueira, canalización e profundización a golpe de excavadora nos ríos que inundaron Cee ou Mougán, mentras quedan en pé as construccións responsables. Especialmente grotesco considera Ramil o desbroce mecánico que catro alcaldes da Mariña luguesa ordearon en xuño na costa, «deixando o sistema dunar entre Ribadeo e Foz como un felpudo». Interese prioritario Xa Elvira Díaz Vizcaíno, do mesmo departamento de Botánica, explicara cómo o lume afecta ás matogueiras e a necesidade de protección dos sistemas húmidos do Xistral, Capelada, Faladoira, Careón; dalgúns secos e raros que están no Careón e Melide, ou mesmo das comunidades de xesteiras, que perderon usos culturais (para escobas, leña para quentar os fornos, e de rotación coas toxeiras). Sistemas silvopastorais Outro dos profesores que organizaron o curso, Antonio Rigueiro, explicou as investigacións sobre uso de gando no monte cercado, debaixo de plantacións de árbores, para controlar a biomasa, fundamentalmente matogueira. Os animais ramoneadores que se veñen empregando son o cabalo galego, que ten predilección polo toxo, e as cabras, pero o silvopastoreo tamén se pode facer con porcos e ovellas, que veñen a substituír ás máquinas desbrozadoras e aportan rendas suplementarias ás da madeira. Non todo o gando é compatible co crecemento das árbores pequenas, ou coas propias especies de mato (os fentos rexéitanos), pero Rigueiro destacou as oportunidades de combinar aproveitamentos silvícolas e gandeiros nalgunhas zonas, iniciativas que ademáis contan co apoio da Consellería de Medio Rural. O baixo prezo da madeira non anima os investimentos en silvopastoreo (hai que ter o gando, bebedeiros, cercados e outras proteccións), pero vanse crear montes de desmostración nas catro provincias galegas en colaboración coa Xunta, para potenciais usuarios.