Dous grupos lucenses participaron no Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

LUGO

Foron a Banda de Antas e o grupo de Rábade-Begonte-Outeiro de Rei

10 jul 2017 . Actualizado a las 14:13 h.

II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia. A Cidade da Cultura de Galicia acolleu o domingo o II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que participaron 14 formacións de toda Galicia. Pola provincia de Lugo foron dúas as agrupacións que actuaron: Sons e Soños de Rábade-Begonte-Outeiro de Rei (esquerda) e Banda de Música Infantil e Xuvenil de Antas de Ulla (dereita). O presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares (Fgbmp), Armando Morales, gabou esta segunda edición dun festival que, nas súas palabras, «potenciará e incentivará, aínda máis, o traballo cotián destas formacións de novos músicos a favor do perfeccionamento e a divulgación musical». O festival rematou cunha actuación conxunta dos douscentos rapaces interpretando o himno galego, á que asistiu o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.