Un restaurante de Negueira, galardonado por facer o mellor guiso de xabaril

LUGO

Manuel

Recoñecemento a Casa Sara

18 oct 2018 . Actualizado a las 18:00 h.

Mar Lombardía rexenta o restaurante Casa Sara, un local típico de Negueira de Muñiz galardoado moi recentemente cun premio culinario polo seu excepcional guiso de xabaril.

«Hai moitos anos que isto se fai así», adiante sobre a súa receita, unha das más típicas da zona durante o inverno, «e tamén a que máis se pide». O segredo reside no carne xa que a muller encárgase de mercar o xabaril á asociación de cazadores, «non pode ser moi grande, o peso ideal son os sesenta ou setenta quilos», explica. Tamén engade que «a partir de outubro é cando mellor saen porque veñen de comer as castañas».

Día e medio en adobe

Outra das claves para facer o guiso de xabaril é «telo en adobo polo menos un día e medio e canto máis mellor», di Lombardía, que leva facendo esta receita moitos anos. Unha cocción lenta con cenorias, pementos verdes e tamén vermellos, loureiro, cebola e patacas ou fabas supón un éxito asegurado en Casa Sara.

Ademais, no local traballan o guiso máis ben baixo encargo porque «a carne ten que estar ben adobada» e non queren decepcionar ós clientes. «Isto sempre triunfa», engade a muller, que herdou a receita da súa sogra coma se dunha herdanza familiar se tratase.