Isidro Novo na lembranza

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

Promoven un acto de homenaxe á súa figura e a biblioteca municipal levará o seu nome

19 oct 2018 . Actualizado a las 21:58 h.

A edila de Cultura, Carmen Basadre, e o presidente da Asociación de Escritore en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez, presentaron no Vello Cárcere, o programa de actos en homenaxe a Isidro Novo, que organiza o Concello xunto ao colectivo o 3 de novembro. Fixérono xunto ao narrador oral Lois Pérez e o escritor Antonio Reigosa, que forman parte do comité organizador das actividades, que contemplan un simposio, a descuberta dunha placa, un recital poético musical e unha exposición. A edila amosou o orgullo de celebrar esta homenaxe ao tempo que anunciou que no vindeiro pleno, este xoves, se votará, a instancias do goberno local, designar a Biblioteca Municipal co nome de Isidro Novo.

A xornada de homenaxe arrincará cun simposio, no auditorio do Vello Cárcre, dende as 10.30 horas. Nel intervirán Jose Luis Calvo, co relatorio «Isidro Novo: retrato robot»; X.Ramón Freixeiro, con «Isidro Novo no ronsel das palabras fuxidías»; Yago Rodríguez, que fará «Unha achega intimista á narrativa de Isidro Novo»; e Marica Campo, que falará sobre «A poesía de Isidro Novo». Tamén haberá o faladoiro «Alén da escrita. O outro Isidro»; coa participación de Cesáreo Sánchez, Darío Xohán Cabana, Paco Martín e X. Henrique Rivadulla. Presentarán e moderarán esta actividade Lois Pérez e Antonio Reigosa. Descobrirarase unha placa, sobre as 13.45 horas, na que foi última morada do homenaxeado, na rúa Bispo Aguirre 10. Xa en xornada de tarde, o patio do Vello Cárcere será testemuña dun recital, no que intervirán Xoán Neira, David Otero, Xosé Lois García, Lois Diéguez, Toño Núñez, Alberte Momán, Xoán Xosé Fernández, Martiño Maseda, José Blázquez, Joaquín

Carballido, María Xosé Lamas, Xosé Miranda, María José Fernández, Paco Reija e Luis Valle. Pérez e Reigosa presentarán a actividade, que terá banda sonora, da man de Tundal, Minhotos e Pilocha. Durante toda a xornada no patio central e celas do Vello Cárcere, poderá contemplarse unha exposición con libros, fotos, ilustracións e outros obxectos vinculados ao labor creativo e vivencial de Isidro Novo. A artista Viki Rivadulla será a comisaria. Con todas estas actividades, o Concello editará un libro.