As escuras no parque de Paradai a pesar das luminarias

Marta de Dios Crespo
MARTA DE DIOS LUGO / LA VOZ

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

Rubén Arroxo, voceiro do BNG, denuncia que a instalación está feita dende o 2012 e que non se pon a funcionar

19 feb 2019 . Actualizado a las 13:35 h.

O BNG quere a «inmediata posta en marcha» do alumeado público do paseo do Rato, na zona de Paradai. O voceiro da formación nacionalista, Rubén Arroxo, indicou que a zona que carece de iluminación está situada nas inmediacións dos hortos urbanos, «a pesares de que hai farolas e luminarias instaladas e conectadas á rede dende o ano 2012 aproximadamente». Denuncia o candidato a alcaldía que «fíxose o gasto de instalacións das farolas, pero agora non dan servizo pola falta de xestión».

Arroxo sinalou que a zona foi urbanizada hai sete anos e a falta de iluminación provoca incomodidades e inseguridade na veciñanza que vive na zona, especialmente as veciñas e veciños da rúa Camiño da Roca que atravesan polo propio parque Paradai para acudir ás súas vivendas por ser o camiño máis curto.

«Instalouse iluminación en todo o paseo do Rato e onde hai instalación feita non se pon a funcionar», argumentaba o voceiro do Bloque. Para o BNG os investimentos públicos teñen que dar servizo ás persoas e non servir únicamente para derivar cartos.