José Antonio Quiroga  farase cargo do PSOE de Lugo

La Voz

LUGO

CARLOS CORTÉS

O secretario de organización do PSdeG agradece a Santos «os servizos prestados»

18 jun 2019 . Actualizado a las 17:09 h.

O secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, destacou hoxe «o perfecto funcionamento e a fortaleza» do partido en Galicia que, «en plena sintonía» cos órganos federais, seguirá traballando cunha «nova maioría social en Galicia». Despois dos éxitos acadados na comunidade nas últimas citas electorais, tanto nos comicios xerais como nos locais e nos europeos, Quiroga chamou a atención sobre que «é tempo de apostas colectivas”, en coordinación coas direccións galega e federal do Partido, para “dar ao país o impulso que necesita».

Así é que trala dimisión do secretario provincial de Lugo, o dirixente socialista manifestou o seu «respecto» ante «unha decisión persoal». Ademais, agradeceu a Álvaro Santos o seu traballo do último ano e medio ao tempo que lle desexou éxitos na súa tarefa como concelleiro.

Como consecuencia desta renuncia, a dirección galega do PSdeG actuará con total normalidade dentro das competencias que lle atribúen os estatutos, e constituirá unha xestora que estará pilotada polo propio secretario de Organización. De cara ao futuro, José Antonio Quiroga sinalou que nas últimas xornadas ten recibido información dos distintos partidos xudiciais da provincia, na que a inmensa maioría de concelleiros aposta por «unha etapa de fortalecemento e futuro no partido e na Deputación de Lugo».