José Regueira «Vendo só produtos que me gustan»

María Guntín
María Guntín LUGO / LA VOZ

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

Os Rapaces de Verde é unha tenda que reparte polo centro da cidade máis por toda a provincia e, proximamente, ofertará auga

12 sep 2019 . Actualizado a las 20:38 h.

Os Rapaces de Verde vende pan pero non é unha panadaría máis. Este pode ser de fariña de espelta integral, de trigo, de centeo, de millo e incluso, levar arandos. Por facer un resumo. Porque a lista é longa. Tamén ofrecen empanadas, mel, doces, aceite chourizos, licores e ata viño. Detrás deste nome está Juan Regueira, que decidiu abrir Os Rapaces de Verde hai nove meses. Antes, Juan dedicábase ao reparto a domicilio. Empezou el solo cunha furgoneta, e chamando aos timbres. Agora, está pensando en novas liñas de negocio «Dentro de pouco imos repartir auga de novo, en recipientes de litro e medio e de cinco. Tamén estamos facendo un forno. Posiblemente teremos que contratar a máis xente», explica este home.

Ecolóxico e enxebre

«O que vendemos está relacionado co ecolóxico, co enxebre. A tenda ten o nome de Os Rapaces de Verde porque, cando repartía, sempre dicían ‘aí vén o rapaz», conta Juan, que tamén explica que, ao ser este o primeiro ano de apertura, serve máis ben para aprender e mellorar. «Eu só vendo produtos que me gustan a min. O que máis sae da tenda é o pan integral, porque realmente non hai moito quen o faga. Tamén hai moita demanda do que non ten glute, e por iso tamén o imos a facer», conta este home, que vende a diario unhas 300 pezas de pan.

ALBERTO LÓPEZ

Ingredientes ecolóxicos e produtores locais

En Os Rapaces de Verde traballan con produtos e produtores locais e a única excepción é o aceite que venden. Teñen empanadas tipo pizza, pero tamén de champiñóns, luriñas, atún, bacallau... A súa especialidade é o pan, con fariñas naturais e puras ao 100%, auga sen cloro e sal reducida en sodio. Os ingredientes, explica o propietario da tenda, son naturais e as sementes, orgánicas, sen conservantes, colorantes ou químicos.

Barras, pan de molde, bolas, roscas, medias lúas, espelta con arandos, pan de leite, bolos preñados, broas de centeo ou con millo e chourizo, pan con pasas e noces, trigo sarraceno, de castaña... as variedades son case infinitas e en Os Rapaces de Verde tamén ofrecen roscóns que tan só levan fariña, ovos e azucre.

Juan Regueira admite que o prezo dos produtos é maior do que poñen os supermercados, «pero na calidade vai a diferenza», explica.

Aceites e licores

Nos estantes desta tenda ecolóxica tamén hai paletilla curada, chourizos artesanais ou de porco celta, aceite de oliva, licores artesanais, mel, viño e tartas galegas. O café tamén forma parte do catálogo e a fariña véndese a peso para quen queira probar a facer as súas receitas na casa.

Ademais, os restos de pan que sobran día a día non rematan no contedor. Algúns véndenos a un prezo simbólico e por sacas, para aquelas persoas que queiran mercalo para darllo aos animais.

El reparto

Tres furgonetas reparten de luns a venres os produtos de Os Rapaces de Verde pola provincia, e tamén pola cidade. Pasan unha vez á semana por cada un dos lugares, e intentan facelo sempre á mesma hora para que así os veciños saiban cando teñen que agardar.