Un concerto solidario no Clavi reúne a catro grupos

Laura López LA VOZ

LUGO

Iria Estévez e Gonzo Piña actuarán no festival
Iria Estévez e Gonzo Piña actuarán no festival ANA GARCÍA

A oenegué Axunica organiza para este sábado un festival de axuda a Nicaragua

22 ene 2020 . Actualizado a las 08:16 h.

Sábado 25 • A partir das 23.00 horas • Club Clavicémbalo (Lugo) • Entrada: 5 euros (destinados integramente á causa solidaria) • 

A oenegué Axunica organiza o XII Concerto Solidario de Axuda a Nicaragua, que terá lugar este sábado no Clavicémbalo. Actuarán Os Tres Temores, Iria Estévez e Gonzo Piña, Airiños da Freba e Infrarroja.

 

 

O diñeiro destinarase a proxectos que Axunica desenvolve en Nicaragua a través das fundacións formadas integramente por nicaraguanos: Fundavi e Calli Tanday. Na organización do festival tamén colaboran Prelo, o Clave e A Fouce.