Reabren os museos municipais

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Os museos municipais reabren con limitacións de aforo
Os museos municipais reabren con limitacións de aforo

Pódese acceder, con limitacións de aforo, ao MIHL, a Casa dos Mosaicos, San Roque, Porta Miñá, O Vello Cárcere, a Oficina de Turismo e ao Centro de Interpretación da Muralla

02 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Os centros museísticos municipais reabriron as súas portas. Trátase do MIHL, O Vello Cárcere, Oficina Municipal de Turismo e Centro de Interpretación da Muralla, Centro Arqueolóxico de San Roque, Casa dos Mosaicos e Sala de Exposicións Porta Miñá.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou de que realizaron «un protocolo exhaustivo para garantir a seguridade das persoas visitantes, sempre acorde coas últimas indicacións das autoridades sanitarias». Tamén matizou que «a cabida das distintas instalacións estará limitada e será preciso cumprir a obriga de levar máscara para todas as persoas visitantes, exceptuando aquelas que, segundo as autoridades sanitarias, estean exentas do seu uso».

Na Oficina Municipal de Turismo, o aforo máximo será de dúas persoas. No caso de visitar o Centro de Interpretación da Muralla, limitarase a 5 persoas ou unha unidade familiar de persoas conviventes.

De cara ao MIHL, as exposicións poderán visitarse por 50 persoas, mentres que na sala de grupos, que se cede habitualmente a asociacións locais para o seu uso en distintas actividades, a cabida máxima será de 40 persoas. A caixa negra estará limitada a 80 persoas.

O Centro Arqueolóxico de San Roque e a Sala de Exposicións Porta Miñá estarán limitados a 5 persoas ou unha unidade familiar de persoas conviventes. Do mesmo xeito, a cabida da Casa dos Mosaicos será de 3 persoas ou unha unidade familiar.

No Centro Cultural do Vello Cárcere, limitarase a cabida segundo a instalación a visitar, podendo entrar 29 persoas nun acto do auditorio, 25 nos actos organizados no patio, 15 visitantes ás exposicións e 10 participantes no espazo de lecer. As actividades presenciais que se desenvolvan terán a cabida limitada a 8 persoas.