A Fonsagrada celebra o concurso de tapas do 25 ao 29 de xuño

la voz LUGO

A FONSAGRADA

Presentación do Concurso de Tapas da Fonsagrada
Presentación do Concurso de Tapas da Fonsagrada CEDIDA

Participarán once locais da vila e haberá sorteos e premios para os consumidores

20 jun 2024 . Actualizado a las 18:01 h.

A undécima edición do Concurso de Tapas da Fonsagrada celebrarase do 25 ao 29 deste mes. O certame gastronómico presentouse este xoves na Deputación, de mans do deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e do alcalde e tamén deputado de Medio Ambiente, Carlos López. Tamén estiveron presentes no acto os concelleiros de Turismo, Ricardo Parada, e o de Deportes, Silbán Rodríguez, quen resaltaron o compromiso da Deputación con esta cita e explicaron os detalles do concurso que «non só promove a gastronomía local, senón tamén fomenta a participación e o apoio ao comercio da Fonsagrada».

Modo de participar

Na cita van a participar 11 establecementos hostaleiros da localidade. O concurso repartirá grandes premios entre os consumidores que participen e valoren as tapas nos diferentes establecementos.

Para participar no sorteo de agasallos, os interesados deberán obter o selo dos 11 bares participantes, excluíndo o da comisión organizadora. O Concello doará dúas cestas de produtos locais, mentres que os hostaleiros entregarán un premio de 250 euros para gastar nos comercios locais. Para votar, será necesario reunir oito selos: sete de diferentes bares participantes e un do bar da comisión de festas.