Sinalizan en Becerreá un poste de 1849 único en Galicia

Xabier Moure

BECERREÁ

Marca a distancia con Lugo, Madrid e León

23 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Becerreá sinalizou un poste miriamétrico de 1849 a petición do colectivo Patrimonio dos Ancares, que o documentou en maio. Este fito está situado na parroquia de Agüeira, a carón da vella N-VI, que formaba parte do antigo Camiño Real que comunicaba Galicia coa Meseta. Este ben patrimonial foi colocado cando en España se introduciu o novo sistema métrico decimal, o que conlevou o abandono dos leguarios e a adopción doutras sinalizacións. Estes fitos miriamétricos, que se colocaban cada dez quilómetros, indicaban as distancias que os separaban de Madrid e as capitais máis importantes. Este é o único que se conserva en Galicia. Desde a colocación deste poste, o lugar recibe o nome de O Marco. Conserva a seguinte inscrición: «A Lugo 51; a Madrid 460; a León 176».