Castroverde celebra o domingo a festa-degustación da Tenreira Galega

CASTROVERDE

ÓSCAR CELA

25 jun 2019 . Actualizado a las 12:30 h.

Domingo 30 • Todo o día • Castroverde • 

O Concello de Castroverde organiza para este domingo a Festa-Degustación da Tenreira Galega Suprema, que terá lugar na área recreativa Veiga do Olmo. Ás 12.00 horas actuará a charanga Fanfarria Brassica Rapa; ás 13.00 haberá degustación de tenreira galega; ás 14.00, sesión vermú co grupo Punto Clave; a partir das 16.00, charanga Fanfarria Brassica Rapa; e a partir das 21.00 horas, verbena con Punto Clave.

Por outra banda, tamén este domingo, a igrexa de Santiago de Vilariño, en Castroverde, acollerá o concerto «O son do tempo», dentro do ciclo de actuacións do grupo Lucus Ensemble. Trátase dun proxecto para promover o estudo e a difusión da música medieval da Deputación de Lugo.