«No campo hai futuro e pódese vivir perfectamente, igual ca noutro sitio»

José Corral, gandeiro de Friol, non dubida de que tomaría a mesma decisión se tivese que escoller outra vez 

;
"No campo hai futuro" José Corral, gandeiro de Friol, non dubida de que tomaría a mesma decisión se tivese que escoller outra vez

LUGO / LA VOZ

José Corral ten unha explotación con vacas de carne e con pavos. As ave cóntanse por milleiros, mentres que as vacas de carne non chegan ás tres ducias. Fóra das cifras hai algo tamén certo: séntese satisfeito de terse incoporado á explotación. Estudou frío industrial, e recoñece que o aprendido lle serve no traballo cotián.

 -É o traballo diario como supoñía ou levou algunha sorpresa?

-Non levei sorpresa ningunha. Gústame isto. Se tivese que elixir, faríao outra vez.

-Ten calidade de vida?

-Si. Non podo coller e marchar un mes de vacacións, pero teño un horario. Se un luns estás enfermo. non tes que pedir permiso a ninguén. Economicamente, algo máis sacas que se foses un traballador normal.

-Cre que hoxe se ve o traballo do campo con máis respecto?

-Non me considero inferior a ninguén por estar aquí. Hoxe hai medios e máquinas; non todo ten que ser duro. Non podes pechar a porta o venres ás sete da tarde e volver o luns ás nove da mañá; pero tamén hai unha vantaxe: hai certa flexibilidade.

-Hai futuro no campo?

-Si. Haino. No campo pódese vivir perfectamente, igual ca nouro sitio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

«No campo hai futuro e pódese vivir perfectamente, igual ca noutro sitio»