O concello de Guitiriz xa dispón de fibra óptica

LA VOZ LUGO

GUITIRIZ

Guitiriz xa dispón de internet de ata 500 megas con R
Guitiriz xa dispón de internet de ata 500 megas con R SUSO PENA

O despregamento destas redes está subvencionado pola Unión Europea e polo Ministerio de Economía e Empresa

07 jul 2020 . Actualizado a las 18:00 h.

O municipio de Guitiriz xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións. O operador galego R acaba de rematar as tarefas de despregamento da rede de fibra óptica no concello.

Arredor de 850 fogares e negocios beneficiaranse deste despregamento e están xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas e televisión dixital multicanle. Ademais, preto de 1000 familias e empresas poderán conectarse á rede de R cando se completen todos os traballos na localidade.

Esta, xunto a outras actuacións na provincia de Lugo, forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa, co que se pretende dotar de alta velocidade a máis de medio millar de núcleos en Galicia. No desenvolvemento dos tres plans investiranse 10 millóns de euros, dos cales o 80% está subvencionado polos fondos FEDER da Unión Europea.