«Hai catro veces máis mortes por parada cardíaca que por accidente de tráfico»

Tania Taboada

LUGO CIUDAD

Óscar Cela

Unhas 80 persoas asistiron, de forma gratuíta, a uns obradoiros básicos para salvar vidas diante dunha emerxencia

19 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Camilo Vázquez é o responsable de formación del grupo Salutrans e técnico de emerxencias nunha ambulancia do servizo urxente do 061. Este veterano profesional leva 19 anos vivindo a diario auténticas desgrazas pero tamén momentos agradables polos excelentes auxilios. Encántalle a súa labor, e iso nótase á hora de desempeñala e explicarlla aos cidadáns para que axuden a salvar vidas.

?Acarrexa vostede unha gran experiencia e anécdotas de todo tipo...

?Sí. Son 19 anos neste traballo e son moitas as actuacións que hai atrás. Houbo auténticas traxedias, cousas máis agradables, momentos felices por auxiliar...

?En días pasados levaron a cabo obradoiros de formación de primeiros auxilios. ¿Como xurdiu a idea?

?A idea xurdiu a partir do que aconteceu con Fernando Torres. A pesar de que moitos dixeron que a actuación fora boa, demostrouse que non fora tanto como se cría. Desde a xerencia da nosa empresa puxéronse en contacto co departamento de formación que dirixo para impartir cursos á poboación. Foron gratuítos e avalados polo 061. Cremos que canta mais xente teñamos formada, mais vidas salvaremos.

?¿Que lles ensinastes aos alumnos?

?Os obradoiros versaron sobre a parada cardíaca e os alumnos adquiriron coñecementos moi básicos. Como se comproba unha inconsciencia; se unha persoa respira ou non; a chamada rápida ao servizo de emerxencias, que é o que axuda a salvar vidas e unhas manobras moi básicas de soporte vital básico, e dicir, reanimación cardio-pulmonar, masaxe cardíaco sen ventilacións para que manteñan ao paciente nunhas condicións óptimas ata a nosa chegada, que imos ser os que realmente revertamos a parada.

?¿Contan cun área de formación?

?Dentro do grupo Salutrans temos o departamento social onde promovemos a formación en colexios. Facemos simulacros con nenos, achegámoslle as nosas ambulancias e facemos obradoiros de RCP (reanimación cardiopulmonar) como chamar a emerxencias... Levamos dous anos con esta aposta e os resultados están sendo moi bos.

?¿Como temos que actuar ante unha emerxencia?

?Hai que armarse de valor e atrevemento porque para as emerxencias é difícil actuar. Incluso aos profesionais ás veces nos costa. Hai emerxencias que nos desbordan de algunha maneira pero saen adiante. É moi importante intentar serenizarse e chamar o 061. Alí van a ter a grandes profesionais. Hai médicos e enfermeiros o outro lado do teléfono que os van ir guiando para que fagan unhas pautas moi básicas e sobre todo, canto mais formación e mais datos nos dean, mellor vai ser o recurso e mais adecuada a asistencia para reverter o que é o caso.

?¿Cada canto tempo unha persoa sofre unha parada de corazón en España?

?No noso país hai unha parada cada vinte minutos. Hai catro veces mais mortes por paradas cardíacas que por accidentes de tráfico en España ao longo do ano. Cada minuto que pasa, co corazón parado e sen que ninguén reanime, o índice de supervivencia baixa un 10%. Co cal, se empezamos a dar masaxe xusto cando se presenza a parada, o índice de supervivencia estaría nun 100% e a partir do décimo minuto. En Galicia, a poboación está moi dispersa e é moi difícil que a ambulancia chegue nun tempo inferior, pois a partir do minuto dez ó índice de supervivencia é cero.

?No caso de que teñan que asistir nunha aldea que carece de sinalizacións, ¿como fan?

?Nosoutros tiramos de igrexas, cemiterios, tabernas, teleclubes, cooperativas, supermercados...: calquera punto que sobresae un pouco do que é o pobo. e desde aí nos, mais ou menos, temos ubicadas as zonas e continuamos. Tamén é importante que alguén nos saia á estrada para que a asistencia sexa o mais rápida posible, que ao final é o que se trata, chegar o mais rápido posible ao paciente.

?¿Pode calquera persoa salvar unha vida?

?Sí. Desde un neno de dez anos ata unha persoa de 80. Aquí non hai idades. O que hai que ter son uns coñecementos moi básicos e valor.