«Os socios da cooperativa teñen unhas 1.700 hectáreas de castiñeiros, pero a maior parte están sen coidar»

LUGO CIUDAD

18 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O xerente da Carqueixa destaca que para que os soutos dos Ancares empecen a producir beneficios a nivel económico, natural e social é preciso solucionar dous problemas. Por un lado, o estado de abandono que presentan centos de fincas de castiñeiros que levan décadas sen recibir coidados -aradas, rozadas, podadas...-, e por outro, a falta de traballadores dispostos a recoller castaña, explica Román Sánchez. «Outra traba que ten moita xente é a falta de claridade no tema da propiedade do monte», di, e explica que hai abertos un bo número de litixios coa a Administración, que considera mancomunados montes que particulares consideran «privativos ou de varas».

?¿A castaña é unha aposta?

?Os socios da cooperativa teñen unhas 1.700 hectáreas de soutos, e a maioría deles están sen coidar. Só de castañas hai familias que poden sacar 12.000 euros. Participamos en varios proxectos, como o Chestnut for Life, para recuperar, aproveitar e conservar bosques de castiñeiros, encabezado pola Deputación e a USC. Hai moito coñecemento que non foi transferido e que podería ter un impacto económico. Tamén noutro coa Xunta, a través do Centro de Investigación de Lourizán, que ve na zona oriental de Lugo un potencial paisaxístico e económico moi grande. Entre outros, analizan o tipo de castaña e o seu valor comercial.