Edgar, o lucense que naceu cantando

Tania Taboada LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

ALBERTO LÓPEZ

O mozo, de 14 anos, actuará o vindeiro cinco de outubro nas festas do San Froilán

19 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Edgar Bao (Lugo, 2011) subirase o vindeiro cinco de outubro, ás oito da tarde, ao escenario da Praza Horta do Seminario para ofrecer o seu primeiro concerto como solista. Este mozo, que en novembro cumprirá 16 anos, deuse a coñecer tras participar no programa de televisión La voz kids, quedando de semifinalista na súa terceira edición. Se todo sae segundo o previsto, a finais do mes de outubro gravará o seu primeiro single, que en decembro sairá a venta.

-¿Cómo empeza a túa andaina no mundo da música?

-Empecei dende moi pequeno. Aos seis anos xa ía á academia para aprender a cantar e tocar o piano. Cando acudía á casa dos meus avós, xa cantaba pola aldea adiante e os veciños chamábanme Bisbal.

-David Bisbal... Xusto unha persoa coa que compartiches escenario na comunidade veciña. ¿Cómo xurdiu iso?

-O representante de David Bisbal chamou a miña nai dicíndolle que o cantante me invitaba a ir a Xixón para cantar con el. Tanto miña nai como eu non dabamos crédito.

-Ademáis de Bisbal, ¿cales son os teus ídolos musicais?

-Pablo Alborán, India Martínez, Malú...

-¿Que significa para un lucense ofrecer o seu primeiro concerto na súa terra e nunhas festas como o San Froilán?

-É un auténtico orgullo. Estou moi contento porque fago o meu primeiro concerto como solista na cidade na que nacín.

-¿Virá a verte algún invitado especial?

-Si. Virán tres invitados de La Voz Kids e cada un cantará unha canción comigo a dúo.

-¿Quenes son?

-Mónica Maranillo, Sara Deok, Carlos Alfredo.

-¿Cantos temas cantarás?

-Serán unhas quince cancións e o concerto durará aproximadamente unha hora e media.

-¿Cómo te atopas no escenario?

-Os peores momentos son antes de saír o escenario. No momento que piso a pista métome no meu papel e non penso en nada mais.

-¿Cómo foi a túa experiencia en La Voz Kids?

-Moi boa. Cando me chamaron para dicirme que pasara o cásting non daba crédito. E no momento que me din que teño que cantar «Soy Minero», xa botei as mans a cabeza. Pero despois todo saíu ben e quedei de semifinalista. Participar alí foi darme a coñecer e xa foi gañar.

-¿Cal é a túa meta?

-Chegar lonxe no mundo da música. Que se note que cando alguén me escoite que saiba que son eu.

-¿Cando gravarás o teu primeiro single?

-A finais de outubro para que esté á venda en decembro no mercado. A canción titularase «Tan solo».

«A finais de outubro gravarei o primeiro singre que estará a venta en decembro»

«A familia, sobre todo miña nai, son o meu principal apoio en toda esta traxectoria»

«Actuar nas festas mais importantes da cidade na que nacín é un auténtico orgullo e privilexio»