O Mercado acolle unha orixinal festa sobre consumo ético e responsable

LUGO CIUDAD

ALBERTO LÓPEZ

A Chocolatada Xusta será esta tarde en Quiroga Ballesteros

28 nov 2017 . Actualizado a las 09:35 h.

Hoxe • 17.00-20.00 horas • Mercado Municipal Quiroga Ballesteros. Lugo • Entrada libre •

O Mercado Municipal acolle esta tarde a II Chocolatada Xusta, unha orixinal iniciativa lúdica de Lugo Xusta e o Mercado da Terra para promover o consumo ético e responsable. Ao longo da tarde haberá actividades para todos os públicos: degustacións gratuítas de produtos de comercio xusto e ecolóxicos, un sorteo, xogos, exposicións, un mercado ecolóxico e de comercio xusto da man dos axentes implicados neste movemento, concerto de Filophóbicas...

Esta actividade nace como un xeito de sensibilizar á poboación xusto antes da época máis consumista do ano, o Nadal. Así, «achéganse á cidadanía alternativas de consumo éticas que constrúen un mundo máis solidario».

Programa de actos:

· 17.00h. Obradoiro «A pegada alimentaria»

· 18.00h. Chocolatada xusta

· 19.00h. Concerto Filophóbicas

· 20.00h. Sorteo dunha cesta de produtos eco e de comercio xusto