Falece a directora do centro de adultos de Lugo

María Xosé Rodríguez Valcárcel foi unha gran activista social a prol da lingua galega


lugo / la voz

A directora do centro público de educación permanente de adultos de Albeiros, María Xosé Rodríguez Valcárcel faleceu este sábado en Lugo. Profesora de lingua galega, María Xosé Rodríguez era moi coñecida no mundo da docencia e da cultura da cidade de Lugo e tamén no movemento asociativo, porque era unha activa colaborada do colectivo en defensa da lingua galega Prolingua.

María Xosé Rodríguez Valcárcel faleceu a causa dunha enfermidade que lle foi diagnosticada hai apenas catro meses. Será incinerada esta tarde no tanatorio Velatorios Lucenses, nun funeral que empezará ás seis e media da tarde. Onte oficiouse nese tanatorio unha misa de despedida ás oito e media da tarde.

María Xosé Rodríguez foi autora de diferentes publicacións sobre sociolingüística e en 1996 gañou a décima edición do premio literario Ángel Fole, co libro Aureliano J. Pereira no rexurdimento galego

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Falece a directora do centro de adultos de Lugo