O Vello Cárcere de Lugo acollerá a obra de Quessada

La Voz

LUGO CIUDAD

A mostra abrirá as súas portas o sábado

19 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 23 • 12.00 horas (inauguración) • O Vello Cárcere (Lugo) • O Concello de Lugo e a Fundación Xaime Quesada Blanco asinaron hai meses un acordo polo cal o espazo cultural O Vello Cárcere pasará a acoller unha parte do legado artístico de Xaime Quessada. Para este sábado está prevista a inauguración da mostra «Quessada. Serie amarilla. 1995-2003». Na inauguración participarán, entre outras autoridades e representacións institucionais, Lara Méndez -alcaldesa de Lugo- e Carmen Basadre -concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua-. A Fundación Xaime Quesada Blanco estará representada pola responsable da mesma, María Jesús Blanco. Dende o sábado O Vello Cárcere acollerá a serie amarela de Quessada de xeito permanente.