Contacontos na biblioteca para 250 nenos

La Voz

LUGO CIUDAD

Imagen de archivo de una sesión de animación a la lectura en la biblioteca municipal de Lugo
Imagen de archivo de una sesión de animación a la lectura en la biblioteca municipal de Lugo

21 feb 2019 . Actualizado a las 08:42 h.

O Concello de Lugo organiza un novo ciclo de animación á lectura e contacontos na biblioteca municipal Isidro Novo, no que poderán participar en total 250 nenos e nenas. Inclúe sete actividades gratuítas entre este mes e o de abril, e forma parte do programa Apego, que ten como obxectivo promover o uso e lectura da lingua galega entre os máis pequenos.

Programación:

· Xoves 28 de febreiro, 18.30h. Onde está o vento? por Animar-T. Para nenos e nenas de 0 a 3 anos. 20 prazas.

· Mércores 6 de marzo, 18.30h. Somos iguais, por Raquel Queizás. Para maiores de 3 anos. 40 prazas.

· Mércores 20, 18.30h. Contos de medo que dan risa, por Pablo Albo. Para maiores de 3 anos. 40 prazas.

· Venres 22, 17.30h. Contos populares de Xapón e de Galicia, por Vero Rilo e Yoshi Hioki. Para maiores de 3 anos. 40 prazas.

· Xoves 4 de abril, 18.30h. As Parábolas de Pakolas, por Pakolas. Para maiores de 3 anos. 40 prazas.

· Martes 23, Día do Libro, 18.30h. Polo Correo do Vento. A Detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas, por Enrique Mauricio e Carlos Taboada, autores da colección. Para maiores de 3 anos. 40 prazas.

A entrada a todas as actividades é gratuíta, pero é preciso retirar previamente unha tarxeta de invitación, que estará dispoñible na biblioteca a partir do luns da semana da actuación correspondente, desde as 16.30 horas.

Ademais destas actividades, a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, explicou que mañá ás 20.00h terá lugar a inauguración dunha selección da Serie Amarela do artista Xaime Quesada, que foi cedida por 5 anos ao Concello para a súa exposición nas celas da segunda planta do Vello Cárcere. É a primeira vez que esta serie en defensa dos dereitos humanos sae fóra da Fundación Xaime Quesada. O acto de inauguración contará coa actuación de Uxía Senlle.