O colexio Rosalía festexou o día da escritora

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Cerca de 400 alumnos interpretaron unha peza xunto ao gaiteiro José Luis Salgado

22 feb 2019 . Actualizado a las 19:45 h.

O colexio público Rosalía de Castro de Lugo celebrou o día da escritora que dá nome ao centro (festéxase o seu nacemento un 24 de febreiro) cun acto no que non faltou a música. Foron 373 alumnos os que a mediodía saíron ao patio para desfrutar da música do gaiteiro e percusionista José Luis Salgado. O momento máis emocionante chegou cando os estudantes se encargaron de interpretar a percusión da peza «O vello mentireiro» xunto co músico.