Xulgan a un monfortino por acosar á súa exparella por wasap

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LUGO CIUDAD

13 abr 2019 . Actualizado a las 18:58 h.

Un veciño de Monforte será xulgado esta semana en Lugo por escribirlle mensaxes por wasap á súa exparella durante meses de xeito insistente e, en ocasións, insultante. A Fiscalía considera que o sospeitoso cometeu un delito de acoso e máis outro de inxurias e pide para el unha condena de noventa días de traballo en beneficio da comunidade e a vinte días de localización permanente. Os feitos sucederon entre novembro do 2015 e maio do 2016. Nalgunha das mensaxes que lle mandou chamáballe «puta» e «zorra».