Arranca unha semana de teatro coas representacións da compañía Achádego

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

CEDIDA

Maite Ferreiro presentou onte a programación

12 sep 2019 . Actualizado a las 20:53 h.

Do domingo día 15 de setembro ata o 29 de setembro?•?Lugo?•?Auditorio Gustavo Freire de Lugo • Entrada por dous euros • A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou na mañá de onte xunto con Tareixa Campo e Antonio Sampaio, da compañía Achádego Teatro, as diferentes actividades teatrais que se levarán a cabo en Lugo dentro do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa Consellería de Cultura, e na que colabora o Concello de Lugo.

As actividades consistirán en catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de todo o país, que se levarán a cabo durante o mes de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire.

As entradas terán un custo de dous euros.