Selo galego na oferta teatral do Gustavo Freire

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

ALBERTO LOPEZ

Dramaturgas, directoras e actrices terán protagonismo nas obras previstas polo Concello para novembro e para decembro 

09 nov 2019 . Actualizado a las 19:50 h.

Dramaturgas, directoras e actrices galegas terán protagonismo na oferta cultural das vindeiras semanas no Auditorio Gustavo Freire, organizada polo Concello. «Queremos deste xeito por o noso gran de area para axudar na evolución en canto á perspectiva de xénero no sector das artes plásticas», dixo a concelleira Maite Ferreiro.

Este domingo (18.30 horas) Babaluva representa obra de monicreques «Tita». O domingo 17 (18.30 horas) Butacazero representa «#CAMIÑOS»; o domingo 24 Pérez-Fernández representa «O poder de Amabel», e o mércores 27 (21 horas) Redrum Teatro representa «Invisibles».

Xa en decembro, o día 8 (18.30) Contraproducións representa «A compañeira de piso»; o 15, Lila Teatro representa «Rara avis».