Que pasa cando o rural non entra no xogo?

Isabel Calvete

LUGO CIUDAD

21 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Todos sabemos que os transportes escolares mudaron a principios de xaneiro e pasan a formar parte do transporte público e polo tanto as competencias xa son doutra consellería distinta da de Educación.Esta situación trouxo cambios para o rural,non moitos.Desgraciadamente os cambios no rural no presaxian nada bo. Que houbera unha protesta por parte dalgúns pais sobre un cambio de ruta do transporte escolar,por outra banda ,suficientemente xustificada,non é só o feito do incremento do tempo nin dos km a maiores que suporía para os nenos.É máis que iso.É unha pinga no vaso cheo que formamos todos os que vivimos e traballamos no rural.

Sabemos mellor que ninguén como son as nosas estradas,como é a meteroloxía e, mal que pese,sabemos de sobra o que é mellor para os nosos fillos e fillas. Tamén sabemos que os nosos colexios están agonizando por falta de alumnado,que o rural quédase sin xente,que vimos pedindo dende fai anos unha discriminación positiva para que o rural sobreviva para todos (todos) porque se precisa, e que ninguén nos escoita.

Tal vez,só tal vez,cando se pensou en modificar todo o transporte público de Galicia, e se incluíu o transporte para escolares,supoñemos que fora para adaptarlo ás actuais necesidades,debiera primar o benestar dos nenos que iban neses transportes. Soamente respectando as anteriores rutas (así viña nos proxectos de explotación). É logo que pasou polo camiño? Sinxelo. Isto sempre foi un xogo entre as grandes empresas de transportes e a Administración,non xogaba ninguén máis. Acaso queren facernos creer que nestas rutas se pérde diñeiro,que as empresas as ofertan por un valor sentimental?.Perder non se perde,é imposible coa miseria coa que obrigan aos taxistas a facer o servizo. Porque esta é a outra parte do asunto,quérennos vender que se esta a crear emprego no rural

.Non vou a utilizar os números que se manexan neste enredo,só un dato ... non coñezo a ninguén que poida vivir só desto nin moito menos.

Realmente aos pais non debera preocuparnos este xogo,non debera ser asunto noso porque presupoñemos que o transporte escolar estaba garantido,e iso está ,certo, pero nas condicións que marca a empresa adxudicataria e coas que non sempre nós estamos dacordo,como é o caso (pero nós non xogamos). Cando uns pais deciden protestar por unha situación como esta non é algo gratuito, eles non teñen tempo de queixarse por tonterías, teñen que atender as súas facendas, coidar dos seus,manter o rural “aberto” e vivo. Non queren verse obrigados a cambiar os nenos de colexio para que non teñan que pasar dúas horas no transporte cada día. Nin teñen por qué preocuparse porque están a facer unha ruta innecesariamente longa (para que a gran empresa gane un poquiño máis ). Realmente é tan difícil de ver isto?.

Parece ser moi complicado ver que o deterioro dos servizos no rural non só nos afecta aos que vivimos no rural.Cando non teñades unha leituga de verdade que poñer na mesa o un filete de carne de aquí, ou no poidades pasear polos increíbles bosques da montaña porque xa ninguén vive alí ,xa non hai camiños nin gando no monte e no último verán ardeu todo...tal vez nese momento pensedes que o rural tiña que ter sido protexido doutro xeito. Por suposto xa está todo decidido “polo ben dos nosos nenos e nenas “e a nós como pais só nos queda o dereito ao “pataleo”.