O Entroido enche Lugo de cor e diversión

LUGO CIUDAD

Dragóns, princesas, cazapantasmas ou películas animadas serviron de inspiración aos participantes

24 feb 2020 . Actualizado a las 12:53 h.

O concurso de disfraces infantil do Concello de Lugo encheu a cidade de cor e diversión. Coreografías como o baile de Grease, patinadores, piratas, a prisión de Lego, dragóns, cazapantasmas, personaxes Disney ou unha comparsa chamada O Poder do Grelo fixeron as delicias de canto público se achegou ata o corazón da cidade aproveitando tamén o bo tempo.

En disfraces individuais, os premios foron para: Madre Natureza, Este Vestido es un Rollo e .Pirata de Lego. Por parellas o podio cubrírono As Malvadas Recicladas Rouban a Carroza de Disney, Clower Power e Princesa e Dragón.

En comparsas, gañaron Sorpresa, Sorpresa!, Pop Art Show e O Poder dos Grelos.