Aberta a convocatoria de subvencións para proxectos que dinamicen a economía luguesa

LA VOZ LUGO

LUGO CIUDAD

O concello de Lugo abre a convocatoria de subvencións para proxectos dinamizadores da economía local
O concello de Lugo abre a convocatoria de subvencións para proxectos dinamizadores da economía local Carlos Castro

O importe total da axuda, á que poden acollerse as asociacións sen ánimo de lucro da cidade, ascende a 80.000 euros

08 jul 2020 . Actualizado a las 12:16 h.

O concello de Lugo, a través da Área de Desenvolvemento Local e Emprego, destinará 240.000 euros a asociacións da cidade sen ánimo de lucro para financiar nun prazo de tres anos proxectos e actividades que contribúan a dinamizar a economía local e xerar emprego. 

O período para a presentación de solicitudes é de 20 días hábiles a partir do 9 de xullo. Poderán acollerse á convocatoria as asociacións sen ánimo de lucro con sede e domicilio social en Lugo que ofrezan proxectos que cumpran cos requisitos establecidos. 

A contía destinada a atender esta convocatoria anual de subvencións ascende este ano a 80.000 euros do vixente orzamento municipal, quedando outros dous exercicios das mesmas cantidades para os próximos dous anos. Subvencionarase ata un máximo do 70% do importe total do proxecto presentado.

As solicitudes, que teñen que dirixirse ao Servizo de Desenvolvemento Local, deben ser presentadas por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello, utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na plataforma.