Que se pode facer este xoves 25 en Lugo?

CANDELA F. ROLDÁN LUGO/ LA VOZ

LUGO CIUDAD

A cidade amurallada contará con diversas actividades este xoves.
A cidade amurallada contará con diversas actividades este xoves. CEDIDA

A oferta cultural da xornada contará con música clásica en vivo, clases de percusión, contacontos ou teatro

25 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

«SONS DE MAIO»

Praza de San Marcos, ás 12.00 horas. Este xoves preparan clases de gaita e percusión a partir das 19.00 horas diante da Deputación, organizadas por «Sons de maio» en honor a Francisco Fernández del Riego.

FORO SOBRE A SOCIEDADE ROMANA

Facultade de Humanidades del Campus de Lugo, a partir das 10.00 horas. Este xoves celebrarase un coloquio sobre a cidade como elemento estrutural da sociedade romana.

PEQUENO CABARET INFANTIL

MIHL, ás 18.00 horas. Os máis pequenos da casa poderán gozar dun espectáculo de contacontos de Nelson Quinteiro.

«MOZOS, XOGOS DE AZAR E OUTRAS ADICCIÓNS»

Círculo das Artes, ás 19.00 horas. A psicóloga Ana Estévez impartirá unha conferencia sobre adiccións na xuventude.

«PERSIANAS METÁLICAS BAJAN DE GOLPE»

Casa do Saber, ás 20.00 horas. Marta Sanz presentará este xoves a súa nova novela na cidade.

CONCERTO DE PIERRE HANTAÏ

Círculo das Artes, ás 20.30 horas. Pierrre Hantaï actuará este xoves dentro do ciclo do Festival de Musica Cidade de Lugo.

«A MÚSICA NON AMANSA ÁS BESTAS»

Auditorio Gustavo Freire, ás 20.30 horas. «A música non amansa ás bestas» é a historia dun compositor obsesionado coa música, unha obra para maiores de 12 anos.