Trinta postos participarán o domingo 3 na festa da Androlla de Navia de Suarna

22 feb 2019 . Actualizado a las 09:36 h.

Domingo 3 de marzo • Navia de Suarna • 

A XXIX Festa da Androlla reunirá a unha trintena de postos o domingo 3 de marzo en Navia de Suarna e xerará un volume de negocio superior aos 15.000 euros, segundo avanzaron os organizadores na presentación da festa, que tivo lugar na Deputación. En total, poñeranse á venda uns 3.000 quilogramos de androlla, a un prezo medio de 6 euros. Ademais dos produtos derivados do porco, os visitantes tamén poderán mercar a tradicional rosca de Navia, queixos, cerámica, ourivaría, mel, navallas, artesanía e outros produtos da montaña:

· 10.00h: Pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas

· 10.00h: III Ruta da Androlla 4x4 no circuíto da Grandela

· 10.30h: Apertura de postos e comezo da festa

· 13.00h: Degustación de androlla na Praza da Vila

· 15.00h: Xantar oficial

· 18.00h: Actuación dun grupo de gaitas e clausura da festa