Manuel María será lembrado o venres en Outeiro de Rei e en Vilalba

VILALBA

OSCAR CELA

A Irmandade, Xermolos e o Iescha organizan actos no cabodano do seu pasamento

04 sep 2017 . Actualizado a las 14:45 h.

Manuel María será lembrado o venres en Outeiro de Rei e en Vilalba. O 8 do setembro foi a data da súa morte, ocorrida hai trece anos, e dende entón organízanse actos coincidindo co cabodano. En Outeiro de Rei celebraranse os organizados pola Irmandade Manuel María e pola Asociación Cultural Xermolos, cun esquema xa coñecido: primeiro leranse poemas en Penas de Rodas; logo terá lugar, no cemiterio de Outeiro, unha ofrenda floral, e logo, no campo de Santa Isabel, o ritual da navalla, que este ano se entregará ao escultor Anxo Lamas e tamén, de xeito póstumo, ao escritor Agustín Fernández Paz, falecido o ano pasado.

En Vilalba, coa organización do Instituto de Estudos Chairegos, terá lugar unha nova edición do Día da Cultura Chairega: no Auditorio, ás oito e media do serán, o grupo A banda da loba ofrecerá un concerto e o escultor Víctor Corral será nombrado despois socio de honra do Iescha.