A VI Invernada de Cine de Cabreiros achega filmes, contacontos e teatro

XERMADE

Celebrarase en Xermade do 20 de outubro ao 15 de decembro

13 oct 2018 . Actualizado a las 10:55 h.

Do 20 de outubro ao 15 de decembro • Casa-Escola de Cabreiros • Xermade • 

A Asociación de Veciños de Cabreiros organiza a VI Invernada de Cine, con filmes, contacontos e teatro para as tardes de inverno. En cada xornada haberá quenda de preguntas e debate posterior. A programación é a seguinte:

· 20 outubro. Inauguración (17.30 h) e proxección de Pedrón do Freixo (18.00 h). Trátase dun documental dirixido por Ángel Cordero. Asistirá o protagonista.

· 3 novembro. 18.00 h. O apalpador, contacontos da man de Anxo Moure. 

· 17 novembro. 18.00 h. O grupo Accidental Carballo Vivo porá en escena a obra Unha escola en branco e negro, dirixida por José María Carricoba.

· 1 decembro. 18.00 h. Dhogs, dirixida por Andrés Goteira.

· 15 decembro. 18.00 h. Invernada de curtas, con Matria, Álvaro Gago; Eistein Rosen, Olga Osorio; A muller invisible, Noemi Chantada Puime; e A cat in the window, Félix Brixel.