Patrocinado porPatrocinado por

Quemar redes, non da cota

Francisco Trigo AVOGADO E REPRESENTANTE DE PERCEBELLOS

SOMOS MAR

13 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Estes días sufrimos unha sabotaxe na nosa pequena empresa de 23 traballadores. Votaron ácido en dous aparellos nos nosos barcos. É, o ultimo ataque, dunha serie de cinco, a armadores que xestionamos a cota de xeito individual, a outros non lles toca. Por unha banda diálogo, pola outra sabotaxe, sabótasenos, por xestionar como mellor consideramos para nós e os nosos tripulantes. Quen así actúa non vai conseguir que renunciemos, equivócanse e trabúcanse de inimigo, nós tamén queremos máis cota e un TAC amplo, a reclamar por todos onde corresponda. Agora, que ninguén se engane, sexa o método de reparto o actual, ou calquera outro baseado en criterios socioeconómicos, potencias..., a cota terá que ser individual, mentres exista TAC. O único xeito de xestionar as empresas, pasa por xestionar do mellor xeito o que un ten; ou, alguén coida que volver ao tope diario até esgotar o TAC é o sistema mais xusto, ou é que é igual un barco de 5 que un de 12 tripulantes? Si o acordo de reparto foi malo, non é responsabilidade nosa, non estabamos alí, outros si. Recibimos a cota en función das vendas declaradas, non somos responsables de que non teña suficiente quen pescaba coma calquera, presumindo diso, e agora non ten cota, algo pasou. As nosas cotas, coinciden cos nosos dados, aínda, que a día de hoxe seguimos revisando os diarios de pesca. Outra cousa é os casos inxustos que haxa, pero non se resolverá queimándonos aparellos, ao contrario. Nós reivindicaremos e consideramos xusto que se revisen eses casos, que haberá. Agora, quen se queixa de cota e está a modernizar e ampliar o seu barco, non pode reclamarnos nada, pois nada lle temos que dar.

Foi un erro, que pagamos, repartir o TAC por comunidades, responsabilidade de quen o pediu. Eu non estaba alí, outros si. Quero máis TAC e máis cota para ser rendíbel e sostíbel, mais non vou recorrer á sabotaxe aos outros, nas guerras sempre hai damnificados e o que é peor mortos. Queimando aparellos, ninguén vai ter máis cota. Non sigamos por ese camiño e non rompamos a lei non escrita do mundo mariñeiro: non se ataca os barcos, non se sabe quen che vai votar unha man, en caso de perigo. Se o resto teñen dereito a xestionar como queiran, nós tamén, e tamén reclamamos máis cota para todos. Aí encontrarémonos.