E se o raptan...

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

TOBIAS SCHWARZ

20 jul 2018 . Actualizado a las 23:53 h.

O xuíz Llarena retirou a euroorde contra os fuxitivos da xustiza española. Xa me dirán para que serve tal lei cando calquera xuíz europeo de provincias, en lugar de acatala, dá máis crédito ao delincuente que aos xuíces españois e fai mangas e capirotes coa euroorde sen que ninguén llo impida. Pois así están as cousas e Puigdemont e Cia poden pasearse libremente polo mundo.

Cando lin a noticia véuseme á cabeza a captura de Adolf Eichman polo Mossad, esas cousas da miña imaxinación de novelista. Eu tiña dezaoito anos cando o comando israelí deu caza a un dos máis grandes criminais da historia recente, que resultou ser, misterios da humana natureza, un marido afectuoso que lle levaba flores á súa muller no vinte e cinco aniversario da súa voda. Aquilo impresionoume e tamén o que dixo no xuízo : que el era só un instrumento, que cumpría ordes. E tamén seguín con interese a polémica acerca da legalidade do procedemento de captura e do propio xuízo. Totalmente ilegal todo, segundo os expertos, pero xa saben como acabou: aforcárono e punto.

Pregúntome que pasaría se a Puigdemont, nun dos seus paseos de home libre polo mundo, uns sicarios secuéstrano e déixano caer ás portas do cárcere de Carabanchel, por exemplo. A UE obrigaríanos a devolvelo ao seu lugar de residencia? Botaríannos da UE? Seguro. Iso só sáelles ben os xudeus alemáns. Esperemos que polo menos a lección sirva para andar máis listos e non deixar escapar aos que delinquen en España e buscan refuxio nunha UE que non respecta os dereitos dos seus estados membros.