«As 120.000 persoas de Ferrolterra non merecen o mesmo trato que as de Compostela?»

Cartas al director
Cartas al director CARTASALDIRECTOR

OPINIÓN

JOSE PARDO

27 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O tren Ferrol-A Coruña

Somos o alumnado de 6.º de primaria do CEIP Plurilingüe Eladia Mariño e hai dous días fomos en tren á Coruña desde a estación de Cabanas. Saímos ás 8.58 horas e volvemos ás 18.18. Que dicir da excursión! Xenial a viaxe en tren, para moitos de nós a primeira: cómodo, silencioso, económico, ecolóxico, persoal moi amable... E da cidade da Coruña cos seus museos, castelos, parques, tendas e xeaderías... Estupenda.

Pero con esta viaxe fixemos un estudo e vimos que para as nosas familias sería moito máis rendible ir en tren que en coche, pero non hai horario para chegar á Coruña antes das 10 da mañá. As nosas familias entran no traballo de 8 a 9 e saen cara as 15 horas.

O custo en tren mensual sería de 866 euros, mentres que entre gasóleo e autopista desde Cabanas gastan máis de 4.606 euros. É seis veces máis caro, ademais de perigoso e nada ecolóxico.

Iso, por non falar da fin de semana. Se queremos ir visitar Ferrol desde Cabanas a xogar nos parques, comer nun restaurante ou mercar algo só hai un tren que sae ás 7.42 horas —en sábado e domingo—. E o mesmo a Betanzos para ir comer polbo e ver o Pasatempo, que sae ás 8.58 horas.

Por isto, propoñemos un cambio moi sinxelo. Se non hai máis trens, cambien os horarios.

Por semana, adiantar os horarios dous horiñas:.

Tren Ferrol-A Coruña: ás 7 da mañá para poder chegar á cidade a partir das 8, non chegar ás 10 como agora. E de volta ás 15.30 para chegar cedo ás casas.

(O tren Cabanas-Ferrol podería retrasarse un chisco, pois pasa por Cabanas ás 7.42. Pero de novo a volta é tardísimo, ás 19.15 e non poden chegar cedo ás casas).

Na fin de semana, retrasar os horarios dous horiñas:

Para facer turismo e comer por Ferrol pasa o tren por Cabanas ás 7.42. É moi cedo para os nosos pais e para nós, que estamos cansos do cole por semana.

Para facer turismo e comer por Betanzos/Coruña, ás 8.58 segue sendo demasiado cedo e volve desde Coruña ás 17.20 horas (Betanzos, 17.58).

Para visitar a nosa praia de Cabanas desde Ferrol tes que pegar un madrugón (8.40 horas) e volver ás 18.18, cando mellor se está na praia... É que non teñen sentido!

Por economía familiar, ecoloxía e seguridade para as nosas nais e pais, solicitamos ás persoas responsables que non deixen morrer o tren Ferrol-Coruña. A Santiago-Coruña hai 29 diarios! Estamos seguros de que con este pequeno cambio se enchería de traballadores por semana e de familias na fin de semana, baleirando as cidades de parte dos coches e contaminación.

Onde está o apoio ás economías familiares? Somos reféns da AP-9 e das petroleiras. Logo as 120.000 persoas de Ferrolterra non merecen o mesmo trato que as de Compostela? Clase de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Eladia Mariño. Cabanas.

Illados

Agora se fala do tren rápido ou AVE, que chega só a Ourense, o que non vertebra o territorio galego, pois as demais cidades do eixo atlántico non posúen AVE ningún, o que vai en detrimento da mobilidade por Galicia, por non dicir a situación de Lugo con respecto ao tren. E se falamos de vertebrar con seguridade, botemos man do artigo 44 da Constitución Española e do 149.2 CE, onde a cultura está presente, cultura como fonte de saúde despois da pandemia. As secuelas da covid a nivel social están aínda por estudar e a cultura está comprobado que reforza este eido. Pois aquí a cuestión e se o ocio nocturno (concertos, teatro, museos de noite, etcétera) pode ser transversal ás sete cidades galegas. Si, é certo, pódese conducir e chegar a calquera vila ou cidade en coche, pero, se falamos de ocio nocturno e seguridade, a mellor opción é o tren e tamén é un xeito de dinamizalo. Pode haber resentimento polos propios maquinistas, máis horas, máis quendas, pero hai un nicho de mercado na noite entre cidades galegas, xa non digamos cando estean todas as intermodales. Isto si uniría Galicia. Gonzalo Mitchel Tenreiro.

La subida del precio de la gasolina

¿Cachondeo? Tomadura de pelo? ¿Abuso legal? La gasolina costaba en abril, cuando el Gobierno aprobó la subvención de 20 céntimos/litro, sobre 1,60 euros el litro. Hoy cuesta 2,03 euros/litro, es decir, ha subido 43 céntimos en menos de dos meses. ¿Quién gana? Está muy claro, gana el Gobierno con su 60 % en impuestos, y encima hace creer al consumidor que le está ayudando. Una ayuda, por cierto, que es como los pimientos de Padrón, porque «unos pican y otros no»; me refiero a los gasolineros, claro, que ven cómo unos cobran y a otros se les regatea un dinero que necesitan y se les ha obligado a adelantar.

Resumiendo: la gasolina se encarece día a día gracias a las medidas que se han tomado. El Estado se aprovecha de este encarecimiento y los consumidores, al borde de la desesperación. Ignacio J. Seoane Rodríguez. A Coruña.