«Todo o esforzo dos docentes e o sacrificio dos alumnos foi pisoteado»

OPINIÓN

Estudiantes repasando antes de una de las pruebas de la PAU en Santiago.
Estudiantes repasando antes de una de las pruebas de la PAU en Santiago. Xoán A. Soler

A traizón a unha xeración de estudantes

Somos pais, nais e alumnos afectados polo caos e a absoluta falta de rigor na xestión das probas da PAU deste ano en Galicia. Durante todo o curso —e incluso durante os últimos anos da ESO e bacharelato—, os nosos mozos viviron baixo unha presión asfixiante. Cada décima conta, cada exame é unha batalla para conseguir esa nota media que lles abra as portas da carreira coa que levan anos soñando.

Queremos, en primeiro lugar, dar as grazas a todos os profesores de bacharelato que, durante estes cursos tan duros, fixeron malabarismos para quitarlles presión aos rapaces, humanizar as aulas e lembrarlles que o seu valor no se mide por un número.

Por desgraza, todo o esforzo dos docentes e o sacrificio dos alumnos foi pisoteado polos encargados de realizar as probas da PAU deste ano. A cantidade de erros cometidos nos exames é intolerable. Agora, a comisión organizadora intenta escorrer o bulto e botar balóns fóra prometendo que van ser «benévolos» á hora de corrixir. Preguntámonos: que benevolencia van ter cunha pregunta en branco? Os erros nos enunciados provocaron tal bloqueo psicolóxico nas aulas que moitos rapaces deron todo por perdido, colapsáronse e non foron capaces de reaccionar. Ante unha resposta baleira por culpa dun exame mal exposto, a benevolencia non existe.

Esiximos dúas medidas inmediatas: primeiro, que naquelas materias onde a organización cometeu erros flagrantes se lles outorgue aos alumnos a nota que obtiveron en bacharelato. Segundo, a dimisión en bloque de todos os responsables deste despropósito; é hora de que asuman os seus erros.

Por último, isto deixa ao descuberto unha inxustiza histórica. O sistema actual condena os estudantes galegos a saír perdendo ano tras ano. É urxente cambiar este modelo obsoleto. Non ten ningún sentido manter 17 sistemas distintos de PAU cando o distrito universitario é único para toda España. A solución definitiva pasa por eliminar estas diferenzas territoriais e centralizar a proba nun único exame para todo o país, garantindo a igualdade de condicións real para todos os mozos.

Os nosos fillos xóganse o seu futuro. Merecen respecto, competencia por parte da administración e un sistema xusto. Vicente Sanmartín Vigo. Guitiriz.

La PAU en Galicia

Leí las explicaciones del presidente de la CIUG por los fallos en la PAU. Me parecieron correctas. El error humano es inevitable, se ajustarán los criterios de evaluación para no perjudicar a ningún alumno y se tomarán medidas correctoras para el futuro. Sin embargo, me sorprendió la frase del conselleiro de Educación situándose al margen de la elaboración de las pruebas, «nas que a Xunta non participa nada». Busqué la composición de la CIUG y encontré que está conformada de manera equitativa por los siguientes miembros: tres representantes universitarios (delegados y miembros nombrados por los rectores de las universidades de Santiago A Coruña y Vigo) y tres representantes de la Administración autonómica: vocales designados directamente por la Consellería de Educación de la Xunta. Carlos González.