«O galego, completamente ausente nos discursos do acto de graduación»  

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

Manifestación en defensa do galego o 17 de maio en Santiago.
Manifestación en defensa do galego o 17 de maio en Santiago. SANDRA ALONSO

O galego, ausente no acto de graduación

O 10 de xuño asistín como nai dun alumno ao acto de graduación de bacharelato no IES O Couto, en Ourense. Quero agradecer ao profesorado e ao alumnado o seu traballo desinteresado. Porén, como cidadá galega quero transmitir a miña decepción posto que a lingua propia da comunidade estivo ausente nos discursos, quedando relegada a un papel diglósico e secundario. Tanto na lexislación vixente coma nos numerosos plans e proxectos do centro figura a obriga de promover a valoración e difusión do galego entre alumnado e profesorado. Estes documentos deben ser efectivos e levarse a cabo, non ser meros trámites burocráticos. Foi moi significativo o momento en que un alumno agradeceu (en castelán) ao profesor de Lingua e Literatura Galega o amor e respecto pola lingua que transmitiu nas súas clases. Neste momento a audiencia interrompeu o orador cun aplauso. Daquela pensei que, quizais, non estivese tan soa. Non desexo que a miña observación ensombreza un acto que, polo demais, foi impecable. Reitero, pois, o meu agradecemento a todas as persoas que nos dedicaron o seu tempo e esforzo. Clara Doval Fernández. Ourense

 Patrimonio en peligro

Me dirijo a usted para denunciar una situación de peligro en la parroquia de Santo Estevo de Ribas de Miño. En una finca colindante a nuestra histórica iglesia, hay varios árboles en mal estado cuya caída parece inminente. Estos ejemplares se encuentran orientados de tal manera que, ante el más mínimo episodio de viento o tormenta, su desplome afectaría a los contrafuertes del templo románico, así como a la zona de los nichos del cementerio anexo, con el riesgo humano y material que ello conlleva. Esta problemática ha sido comunicada al Ayuntamiento de O Saviñao. Pero el tiempo pasa y el riesgo aumenta. ¿Debemos esperar a que se produzca una desgracia o un daño en nuestro patrimonio para que se actúe con la firmeza necesaria? Mariflor Taboada. Lugo.

 O único importante

Asomámonos a este mundo e dende ese primeiro asomarse xa vamos acumulando cousas. Varias. Diferentes. De todo tipo. Correspondendo cada cousa cun momento. Cun vivir. Cun vivir que tamén supón ir acumulando pensamento, ideas, opinións, pareceres... E todo iso vai dándonos forma e compoñendo a nosa maneira de habitar este mundo. A base de acumular e acumular cousas, chegas ao final. Cando chegas aí, ao final, é cando caes na conta de que o importante, de que o único importante, foi esa persoa ou persoas que fixeron o esforzo por estar contigo en medio de todas as túas loitas e contradicións. Incluída esa persoa que che rompeu corazón. Todo o demais, descobres, xa tarde, que sobraba. Manuel I. Nanín. O Carballiño.

cartasaldirector@lavoz.es

DIRECCIÓN DE CORREO. Avenida da Prensa, 84 y 85. Sabón, 15143 Arteixo (A Coruña)

WEB. www.lavozdegalicia.es

Las cartas no deben exceder de 20 líneas y se identificarán con el nombre, domicilio, DNI y teléfono del autor.

La Voz de Galicia se reserva el derecho de extractar los textos. No se informará sobre las cartas recibidas