Coñecer Ourense da man dos guías turísticos profesionais

La Voz

OURENSE

miguel villar

O xoves celébrase o día internacional do colectivo e haberá actividades por toda Galicia

19 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 21 • 12.00 e 17.00 horas • Xardíns Padre Feijoo • De balde (poderanse facer doazóns para Asociación Diabética Auria) • O 21 de febreiro é o Día Internacional do Guía de Turismo, unha xornada na que os profesionais do sector organizan visitas guiadas por diferentes puntos de Galicia, oito en concreto, e na que se recollerán donativos para oenegés. Ademais de reivindicar a importancia do turismo como un importante motor da economía para Galicia e de reclamar boas prácticas no sector «para poder ter destinos de calidade e un turismo sostible», tamén se quere abrir un debate sobre a existencia, ou non, de turismofobia e se hai destinos masificados -Compostela, Cíes, Praia das Catedrais-.

 

Como cada ano, os guías profesionais ofrecen visitas guiadas. Pola mañá poderase participar na que percorrerá o casco histórico e á tarde na do Ourense termal.