A Mostra de Teatro de Ribadavia abre a convocatoria o Premio Abrente de textos escénicos

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

A MIT celebrarase do 19 ao 27 de xullo

22 feb 2019 . Actualizado a las 14:19 h.

A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia camiña cara a unha edición que terá varias citas conmemorativas. Serán as que veñen marcadas pola celebración do seu 35 aniversario e o medio século da asociación cultural Abrente, colectivo que promoveu os primeiros encontros teatrais e o festival, que co tempo derivou na denominación actual. E mentres non comeza a actividade propia da MIT 2019, a organización da Mostra xa hai tempo que traballa na organización da mesma e agora vén de convocarse unha nova edición do Premio Abrente para Textos Teatrais. O galardón está dotado con 3.500 euros e a publicación do texto na colección Abrente, da editorial Difusora. O premio «quere ser un dos elementos imbricado no estímulo e aparición de novas linguaxes e voces para a escena do presente». Os textos orixinais poderán ser remitidos ata o 21 de xuño e a resolución da convocatoria darase a coñecer en xullo, no marco do festival.

Promoción en Nova York

A Mostra celebrarase entre os días 19 e 27 de xullo e o director impartirá en Salamanca unha conferencia sobre os 35 anos do certame, o día 27, e en maio presentará a mostra en Nova York.