1989: Monseñor Araúxo criticou á Igrexa por deixar o galego

La Voz

OURENSE

No disponible

O desaparecido relixioso ourensán recibía o Trasalba na Fundación Otero Pedrayo

26 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Na Casa Grande de Cimadevila foi recoñecido monseñor Araúxo Iglesias co Premio Trasalba. Laiouse do trato que segue a recibir a nosa lingua e sinalou que «eu, que fixen algo por acercar a Igrexa oficial ao galego, síntome só por parte dos curas» e amosouse preocupado «polo abandono da nosa fala por parte de Igrexa».

Na festa da cultura galega a Fundación Otero Pedrayo, presidida por Agustín Sixto Seco, e o Concello de Ourense, co alcalde Manuel Veiga á cabeza, recoñeceuse o traballo a prol do galego de monseñor Araúxo. Na necesidade de protexer e apostar por darlle máis pulo ao idioma incidiu na súa intervención Xesús Alonso Montero. Pola súa banda, Andrés Torres Queiruga presentou o libro «Palabras para os amigos», recopilación de homilias de Araúxo Iglesias. No encontro de Trasalba tamén se presentou o volume «Teatro de máscaras», de Ramón Otero Pedrayo. O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Piñeiro, e o conselleiro de Cultura, Alfredo Conde, participaron na entrega do Trasalba.