Celebrando el patrimonio

ourense LA VOZ

OURENSE

cedida

O colectivo O Sorriso de Daniel reivindicou cun roteiro a recuperación do abandonado mosteiro

18 nov 2019 . Actualizado a las 15:22 h.

O colectivo O Sorriso de Daniel escolleu a localidade de Albeos, en Crecente, para celebrar neste lugar o Día do Patrimonio que promove a Unesco para darlle valor ao patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e cultural. Para á organización das actividades contouse coa colaboración da asociación Garabano, de Crecente, e coa de veciños de Albeos. O roteiro partiu da igrexa románica de San Xoán de Albeos, e continuou polas ruínas do vello mosteiro de San Salvador de Albeos. Este edificio, de titularidade privada, que se mantén en ruínas foi obxecto dunha limpeza no mes de setembro auspiciada pola asociación de O Sorriso de Daniel. Coa visita realizada pretendeuse, de algún xeito, darlle valor ao traballo de setembro e reivindicar unha intervención de consolidación desas ruínas que fagan que non se perda entre outros elementos un dos máis fermosos tímpanos románicos da provincia de Pontevedra e que se conserva in situ. No percorrido tamén se pasou polo Pazo da Fraga e a torre medieval de Fornelos. En cada un dos puntos houbo explicación para os asistentes, a cargo de Carola Casal, Manuel Carlos González e Perfecto Ramos.