Presentacións e contada para o Día da Ilustración

La Voz

OURENSE

Miguelanxo Prado dirixe o salón «Viñetas dende o Atlántico»
Miguelanxo Prado dirixe o salón «Viñetas dende o Atlántico» . xosé castro

As actividades desenvolveranse na libraría Punto e Coma

23 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 24 e 25 • Diferentes horarios • Libraría Punto e Coma • O 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración e no espazo cultural da ourensá rúa da Paz ofrecen varias propostas para conmemorar a data. A primeira das citas chegará da man de dous nomes destacados da ilustración galega. Así, o venres (ás 18.00 horas) presentarase en Punto e Coma a obra «A Man!», de Miguelanxo Prado. Para o acto contarase coa presenza do editor e ilustrador Kiko da Silva.

Dúas serán as convocatorias do sábado. Pola mañá, ás 12.00 horas, haberá unha contada para o público familiar a cargo de Uxía Morán -de balde, ata completar aforo-. Pola tarde (19.00 horas), Ana Moreiras presentará a súa obra «Madialeva». Estará acompañada do actor Miguel de Lira.