conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou as obras
10 sep 2020 . Actualizado a las 14:36 h.A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou as obras de renovación do firme da AG-53 entre Dozón e Cea, que estarán finalizada en outono, tras un investimento de 4,8 millones de euros. Segundo explicou, a actuación inclúe, ademais da renovación do firme, a reparación dos danos superficiais na vía e o fresado dos taboleiros de pasos de viga e, tamén, o repintado das marcas viarias e a reposición de captafaros e elementos de balizamento. Ethel Vázquez salientou o bo ritmo na execución dos traballos, que comezaron na segunda semana de agosto e que acadan xa un grao de execución do 50 %. Así, indicou que está xa rematada a renovación da capa de rodadura da calzada do sentido Santiago-Ourense e esta semana a execución se centra no sentido contrario. A partir do 21 de setembro comezará a extensión do novo pavimento no enlace de Cea.