«As caras dos libros» de obras de Carlos Casares

La Voz

OURENSE

No disponible

A mostra pódese ver no Liceo ata o 30 de novembro

28 nov 2020 . Actualizado a las 18:46 h.

Ata o 31 de novembro • Liceo • «As caras dos libros» reúne e amosa unha ampla e significativa selección de cubertas das obras de Carlos Casares. A Fundación que leva o seu nome e o Liceo de Ourense organizan esta exposición que estará no claustro da entidade liceísta ata o día 30 de novembro. A mostra conta con paneis informativos que desenvolven varios temas. Un deles é a información sobre a estrutura externa e interna do libro nas súas diversas partes, que axudará a contemplalo como un obxecto cotián cheo de pequenos segredos. E outro son datos e curiosidades sobre as cubertas dos libros que chamarán a atención dos visitantes, con un centenar de cubertas da obra de Carlos Casares en varios idiomas. «Esta é unha viaxe de descuberta polo deseño dun obxecto cotián que, xa dende a súa cara exterior, agocha unha serie de segredos e curiosidades apaixonantes. Convidámosvos a seguir con nós un percorrido a través do deseño das cubertas do libro galego na moi variada obra literaria de Carlos Casares», afirman os organizadores da mostra. Compleméntase cunha guía pensada para traballar con ela na exposición, pero que pode usarse de forma independente. Establece preguntas concretas sobre o deseño da obra de Carlos Casares.