1971: Presentado un método para o aprendizaxe do galego

La Voz OURENSE

OURENSE

TINO VIZ

Carvalho Calero presentaba o libro na Universidade de Santiago

12 may 2021 . Actualizado a las 13:37 h.

Foron moitos os cidadáns que aprenderon a escribir en galego minimamente regrado desde as páxinas dun libro que presentaba a Universidade de Santiago da man de Ricardo Carballo Calero, tal día como hoxe fai cincuenta anos. Tratábase de «Gallego 1», o primeiro método de aprendizaxe do noso idioma, elaborado polo Instituto da Lingua Galega, con deseños de Xulio Maside. No prólogo, en castelán, afirmábase que se pretendía presentar un galego sinxelo, pero sen vulgarismos e atento por igual á lingua falada e á literaria. Seguíanse as normas ortográficas provisionais da Real Academia Galega, adoptadas o ano de antes, que en gran medida pasarían despois á normativa do galego. Cada unidade didáctica seguía unhas notas ortográficas, un vocabulario galego-castelán, uns exercicios escritos e de conversa, e un breve texto literario, de autores que ían desde Rosalía e Castelao aos entón novos Carlos Casares, Méndez Ferrín ou Xosé Luis Franco Grande.