Carlos Quiroga recolleu o premio Vicente Risco de ciencias sociais

a. mínguez OURENSE / LA VOZ

OURENSE

A. M.

O acto celebrouse no castelo de Castro Caldelas

05 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Carlos Quiroga, profesor da Universidade de Santiago, recolleu en Castro Caldelas o galardón da edición número 25 do Premio Vicente Risco das ciencias sociais e participou na presentación do libro coa obra premiada A costela galega de Eça de Queirós. O acto no castelo, amenizado pola coral Orfeón Caldelas, contou coa presenza da alcaldesa, Sara Inés Vega, e da rexedora de Allariz, Cristina Cid, localidades moi presentes na vida e obra de Risco. Isabel Mociño, como membro do xurado, leu a acta na que se destacou a calidade da obra e a descrición social que fai da raia galegoportuguesa. Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco, agradeceu o esforzo para celebrar a entrega nun intre complexo pola pandemia. Quiroga pechou o acto agradecendo o galardón nun país no que «é difícil gañar premios en galegoportugués» nunha sesión con presenza política moi variada. Fixo un repaso ás orixes do castelo de Caldelas e a súa vinculación coa nobreza lusa de Cascais. Un libro que definiu de «divulgación histórica» de lectura agradable. Con esta obra «estase a evidenciar as intensas relacións históricas e de interdependencia entre Galiza e Portugal», dixo.