Caldo de gloria e música en Celanova polo día de Rosalía

La Voz

CELANOVA

cedida

No Carballiño convidan á lectura de poemas da escritora

22 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo • A partir das 12.30 horas • Celanova súmase á celebración do día de Rosalía de Castro, e a hostelería -40 locais- ofrecerá este domingo 23 o Caldo de Gloria que cantou a poeta en «Miña casiña, meu lar». Formará parte do menú dos restaurantes ou como aperitivo nos bares e tabernas. Ademais, a Fundación Curros Enríquez e o Concello ofrecen unha visita guiada ao mosteiro, e ás 13.15 horas haberá un concerto didáctico de órgano, con pezas dos poetas do Rexurdimento, no coro alto da igrexa conventual.

Luns • 17.30 horas • OZOCOgz • O Carballiño • Na tenda da rúa Curros Enríquez convidan a achegarse para celebrar o Día de Rosalía lendo algún poema. A música correrá por conta das Pandereteiras Nébeda e de Andrés Fernández.