Ramón Villares e Rosa Álvarez foron nomeados Arraiano Maior

La Voz OURENSE

ENTRIMO

Asistentes a las Xornadas Arraianas ante la iglesia de Santa María la Real, en Entrimo.
Asistentes a las Xornadas Arraianas ante la iglesia de Santa María la Real, en Entrimo. ARRAIANOS PRODUCIÓNS

Entrimo acolleu unha nova edición das Xornadas Arraianas

09 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Entrimo acolleu as Xornadas Arraianas, nas que tivo lugar a entrega do premio Arraiano Maior, que este ano compartiron Ramón Villares e Rosario Álvarez. O da entidade foi para o Consello da Cultura Galega e o diploma para o Concello de Melgaço. A xornada acolleu o primeiro seminario multidisciplinar transfronteirizo. Presentouse o libro «Os fabuladores», de José Ignacio Carnero, sobre a toma do transatlántico Santa María/Santa Liberdade en 1961 liderada por Xosé Velo, inaugurouse a exposición «Love Velo» e estreouse o documental «Expediente Xosé Velo», de Aser Álvarez.